Frades recuperará a tradicional cabalgata dos Reis Magos polas rúas de Ponte Carreira e a Festa de Reis no polideportivo municipal
Os Reis Magos chegarán a Frades este xoves 5 de xaneiro, onde ás 16:00 horas participarán nunha cabalgata polas rúas de Ponte Carreira e despois tomarán parte nunha gran festa de Reis no polideportivo municipal ata as 20:00 horas. Deste xeito, o Concello de Frades retoma a normalidade con esta celebración, despois de dúas edicións …